A cultura galega precisa do BNG no Congreso e no Senado

As persoas que adherimos a este manifesto, nacionalistas ou non, pedimos o voto para o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, nas súas candidaturas ao Congreso dos Deputados e mais ao Senado, porque a súa presenza nestas Cámaras garantirá -como até agora- que a cultura galega exista en todo o que depende da política estatal e europea. Sobran as razóns:

  • Porque queremos que a nosa lingua progrese e non se vexa reducida a unha reliquia inservíbel.
  • Porque reclamamos que o teatro galego sexa debidamente atendido polos poderes públicos.
  • Porque a música, as artes plásticas, a fotografía, o audiovisual, o cinema… merecen, en toda a súa creatividade e potencia, a protección orzamentaria e política do diñeiro público que todas e todos pagamos.
  • Porque desexamos que (re)nazan meios de comunicación en galego e ao servizo da sociedade galega.
  • Porque, como galegas e galegos, pagamos inxentes cantidades para o sostén, difusión e elevación da literatura española, e queremos que a literatura galega goce dos mesmos dereitos e protección.
  • Porque as meritísimas asociacións culturais non poden ser laminadas por afogamento económico e deben seguir a cumprir o seu papel de divulgación cultural democrática por todo o país.
  • Porque as editoras galegas merecen publicar e vender libros en galego e teren un mercado lexítimo no ensino e para o público en xeral.
  • Porque máis de vinte e seis mil persoas viven e dependen laboralmente do sector cultural ou con el relacionado.
  • Porque esiximos uns meios de comunicación públicos -radio e televisión- que sexan fieis á súa lei fundacional e sirvan ao reflexo da identidade e da cultura galegas.
  • Porque temos dereito a unha relación bilateral coa cultura portuguesa e coas culturas nesta lingua desenvolvidas.
  • Porque a cultura, en fin, non é un luxo nin un capricho: é un dereito humano básico e, por isto, deber dos poderes públicos é contribuíren á súa socialización.

Por todo isto e por moitas máis razóns, é vital que a voz galega siga a facer valer que existimos. Desde 1996, esta voz ten un nome: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. Votémolo. POLA CONTA QUE NOS TEN…

ASINANTES DO MANFIESTO:
Adolfo Caamaño, escritor
Adela Leiro Lois, escritora
Adolfo de Abel Vilela, historiador
Agustín Fernández Paz, escritor
Alberte Fernández Silva, músico
Alberte Lago, historiador
Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor
Alfonso Blanco Torrado, coordenador da Irmandade Manuel María
Alfonso Zarauza, guionista e director de cinema
Alfredo lópez “Tokio”, debuxante
Almudena Quintáns López, bibliotecaria da USC
Amalia Pérez Otero, escritora
Antía Otero, escritora
Antón Castro, músico
Antón Riveiro Coello, escritor
Antón Roel, escritor
Antonio González, tradutor
Arturo Casas, escritor
Arturo López, director teatral
Baldomero Iglesias “Mero”, músico
Benjamín Rey Fernández, cineasta e cámara de TV
Carlos Ares, guionista
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Carlos Fontes, poeta
Carlos Quiroga, escritor e profesor da USC
Carlos Solla, escritor
Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora titular da UDC e investigadora literaria
Celia María Armas García, profesora e crítica literaria
Cesáreo Sánchez, escritor
Comba Campoy, actriz e xornalista
David Otero Fernández, mestre e escritor
Diana Gonçalves, directora de cine
Eduardo R. Cunha, Tatán, profesional do teatro
Engracia Vidal, escritora
Federico Pérez, actor
Fernando Iglesias, Kohell, debuxante
Fernando Martínez Vilanova, escritor
Francisco Calo Lourido, historiador
Francisco Carballo, historiador
Francisco Castro, escritor e editor
Francisco Fernández Naval, escritor
Francisco Pillado, editor
Francisco Salinas Portugal, escritor e profesor da UDC
Guillerme Ignacio Costa, músico
Gustavo Brea Torres, membro do grupo NAO
Héitor Mera Herbello, profesor e crítico literario
Helena Pousa Ortega, filóloga
Iolanda Zúñiga, escritora
Isabel Risco, actriz
Ismael Calvo, publicista
Iván Costa, músico
Kathleen March, profesora e crítica literaria
Kiko da Silva, debuxante
Lois Diéguez, escritor
Lola Dopico, directora de ESDEMG
Lucho Penabade, actor e director teatral
Lucía Novas Garrido, escritora
Luís Bugarín Pereira, escritor
Luis Caparrós Esperante, vicerreitor de cultura da UDC
Luís Pereiro, fotógrafo
Mago Antón, mago
Magoia Bodega, músico
Manolo González, exdirector da Axencia Galega do Audiovisual
Manuel Busto Magdalena, pintor
Manuel Castelao, investigador, escritor e cineasta
Manuel Lourenzo González, escritor
Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral
Manuel Núñez Singala, escritor e técnico de normalización lingüística da USC
Manuel Sendón, fotógrafo
Marga Romero Lorenzo do Val, escritora
Margarita Ledo, cineasta e académica da RAG
María Barcala, actriz
María Pilar García Negro, escritora, sociolingüista e profesora da UDC
Maribel Iglesias Baldonedo, escritora
Maribel Longueira, fotógrafa
Marica Campo, escritora
Marta Dacosta Alonso, escritora
Marta Negro Romero, profesora da USC
Mercedes Espiño Amil, coordinadora galega dos Movementos de Renovación Pedagóxica
Mercedes Martínez Plasencia, ensaísta
Mercedes Queixas, escritora
Miguel Queixas, músico
Mon Daporta Padín, debuxante
Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de informática da UDC
Nolo Suárez, pintor
Pablo Carracedo “Jasper”, membro do grupo NAO
Paco Souto Barreiro, escritor
Paulo Nogueira, músico
Pepe Penabade, actor, escenógrafo e monitor de teatro
Pilar Allegue, escritora
Pilar Pallarés, escritora e crítica literaria
Ramiro Paz, Cano, libreiro
Ramón Nicolás, escritor e crítico literario
Ramón Regueira, filósofo e Presidente de honor da Aula Castelao
Raúl Galego, músico e gaiteiro
Raúl Gómez Pato, escritor
Rita Mas Ibáñez, escritora e actriz performance
Rosa Bugallo, da Central Folque
Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María
Saúl Otero Otero, pintor
Tareixa Campo, actriz, autora e directora teatral
Teresa Moure, escritora e profesora da USC
Tino Baz, músico
Tomás Camacho, músico
Uxío Novo Rei, fillo e divulgador da obra de Uxío Novoneyra
Vicente Vázquez Diéguez, pintor
Victorino Pérez Prieto, escritor, profesor e doutor en teoloxía
Vítor Vaqueiro Foxo, escritor
Xabier Docampo, escritor
Xabier Paz, escritor
Xacobe Rodríguez, actor
Xaquín Xesteira Losada, gaiteiro
Xavier Queipo, escritor
Xesús Constenla, escritor
Xina Vega, escritora
Xoán Fuentes Castro, escritor e tradutor
Xoán Fuentes Castro, escritor e tradutor
Xosé Abilleira, escritor
Xosé Estévez, historiador e profesor na Universidade de Deusto
Xosé Lois García, escritor
Xosé Lois O Carrabouxo, humorista
Xosé Lois Rivas “Mini”, músico
Xosé Lois Vilar, escritor
Xosé Luís Alonso, fotógrafo
Xosé Luís Suárez Canal, fotógrafo
Xosé M. Eyré Val, escritor e crítico literario
Xosé Maceda, músico
Xosé María Lema Suárez, historiador e etnógrafo
Xosé Vázquez Pintor, escritor
Xosé-Henrique Costas González, profesor na Universidade de Vigo
Xulián Maure, ensaísta
Xurxo Souto, cantante e escritor

ASINA TI TAMÉN